Especialistas en Trámites e Xestión Ambiental ante a Xunta de Galicia
En Manser Galicia ofrecemos un servizo profesional de xestión de trámites ante a Xunta de Galicia, orientado a particulares, propietarios e empresas que precisan regularizar ou actualizar os seus permisos e documentos relacionados con augas, parcelas e actividades agroforestais.
Realizamos a legalización de pozos e traídas de auga, presentación de alegacións ante a Xunta, tramitación de solicitudes ante Parcelaria e Medio Rural, cambios de titularidade, así como solicitudes de queima e renovación de carnets fitosanitarios. Garantimos que todos os trámites se realicen conforme á normativa vixente, evitando sancións e problemas legais futuros.
Traballamos con rigor técnico e coñecemento da normativa ambiental e administrativa en Galicia, asegurando a correcta xestión e formalización de todos os procesos ante os distintos organismos autonómicos.
MANSER GALICIA
Ola👋, benvid@ a Manser Galicia! En que podemos axudarlle? - Hola👋, ¡bienvenid@ a Manser Galicia! ¿En qué podemos ayudarle?