SERVIZOS
Xestións varias
Especialistas en Xestións Administrativas e Servizos Técnicos en Galicia
En Manser Galicia ofrecemos un servizo profesional de xestión administrativa en Galicia, orientado tanto a particulares como a empresas que precisan apoio na tramitación de documentación e obrigas administrativas ante distintos organismos públicos.
Realizamos a constitución de sociedades, a obtención de CIF, a elaboración de documentos de compravenda, a liquidación de impostos, declaracións da renda e o pagamento de taxas, así como a xestión de trámites ante o rexistro de maquinaria agrícola da Xunta de Galicia (R.O.M.A) e a Dirección Xeral de Tráfico, incluíndo cambios de titularidade de vehículos e maquinaria agrícola, taxacións e valoracións de bens.
Traballamos facilitando unha xestión administrativa áxil e correcta en Galicia, evitando erros, atrasos ou incidencias ante as distintas administracións públicas.