Especialistas en Medicións Técnicas e Proxectos Industriais
En Manser Galicia ofrecemos un servizo profesional de medicións e proxectos técnicos en Galicia, orientado a particulares, propietarios de fincas rústicas e urbanas, explotacións agrarias e vitícolas que precisan realizar medicións precisas e trámites técnicos conforme á normativa da Xunta de Galicia.
Realizamos levantamentos topográficos con GPS e dron, medición de terreos, localización, delimitación e deslinde de fincas, colocación de marcos, certificados enerxéticos, deseño de viñedos en escala real, así como a elaboración de informes periciais, segregacións, validacións topográficas e documentación técnica necesaria para Catastro, parcelaria, Augas de Galicia, legalización de pozos e outros procedementos administrativos.
Nesta sección inclúese un exemplo de documento de validación topográfica:
Traballamos para ofrecer planificación precisa e control detallado en cada proxecto, garantindo resultados fiables, axustados ás necesidades do cliente e executados con eficiencia e seguridade.
MANSER GALICIA
Ola👋, benvid@ a Manser Galicia! En que podemos axudarlle? - Hola👋, ¡bienvenid@ a Manser Galicia! ¿En qué podemos ayudarle?