SERVIZOS

Medicións e proxectos

Especialistas en Medicións Técnicas e Proxectos Industriais

En Manser Galicia ofrecemos un servizo profesional de medicións e proxectos técnicos en Galicia, orientado a particulares, propietarios de fincas rústicas e urbanas, explotacións agrarias e vitícolas que precisan realizar medicións precisas e trámites técnicos conforme á normativa da Xunta de Galicia.

Realizamos levantamentos topográficos con GPS e dron, medición de terreos, localización, delimitación e deslinde de fincas, colocación de marcos, certificados enerxéticos, deseño de viñedos en escala real, así como a elaboración de informes periciais, segregacións, validacións topográficas e documentación técnica necesaria para Catastro, parcelaria, Augas de Galicia, legalización de pozos e outros procedementos administrativos.

Nesta sección inclúese un exemplo de documento de validación topográfica:

Traballamos para ofrecer planificación precisa e control detallado en cada proxecto, garantindo resultados fiables, axustados ás necesidades do cliente e executados con eficiencia e seguridade.

Resumo de privacidade
Logotipo color Manser Galicia

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que estar sempre activadas para que poidamos gardar as túas preferencias de configuración de cookies.

Analítica

Esta web utiliza Google Analytics para recompilar información anónima como o número de visitantes do sitio ou as páxinas máis populares.

Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.